O autor
IÑAKI naceu e creceu en Basauri. Hoxe en día vive en Amorebieta, no barrio Ergoien de Etxano. Hai anos tivo a oportunidade de comprar un caserio nese bonito lugar de Euskal Herria Os labores de reconstrución organizounas e realizounas el mesmo xunto cuns amigos. Isto, por unha parte, pode ser duro polo feito de que a obra atrasase bastante, pero á vez de máis barato, é moi gratificante porque ademais de facera túa casa ao teu xeito, dá moitas posibilidades de poñer a proba a túa propia creatividade. Pedra, ferro e madeira foi co que chegou a familiarizarse Iñaki. Aínda que coa madeira tiña unha relación de hai moitos anos, o ferro e a pedra foi unha experiencia nova para el. Pódese dicir que estes materiais chegaron a ser compañeiros de traballo. Iñaki tamén se dedicou a deseñar e fabricar mobles para a súa casa e amigos con estes mesmos materiais.
Cada vez con máis experiencia segue experimentando e creando con pedra, ferro e madeira.. Pódese dicir que pouco a pouco e pola súa conta conseguiu formarse nestes artes e oficios.